Tradutora, localizadora e correctora

Ola!

Son Elena Valle García, tradutora e fanática dos videoxogos.

A miña paixón polas palabras e os mundos virtuais leváronme a especializarme na tradución de videoxogos e na tradución literaria, onde me esforzo para que cada detalle se note. Se buscas a alguén que entenda a importancia de conectar coa túa audiencia a través da lingua, xa sexa no ámbito dos videoxogos ou en literatura, chegaches ao lugar indicado. Estou lista para acompañarte en cada paso e facer que o teu proxecto brille!

Sobre min

O meu nome é Elena e son tradutora, correctora e localizadora de videoxogos.Desde pequena, vivín entre libros e mandos de consola, e hoxe teño a sorte de dedicarme profesionalmente a esas dúas grandes paixóns.

Gradueime en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, onde tamén me especialicei en Tradución para a Industria do Videoxogo e cursei o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional. Falo inglés e francés, ademais de galego e español, as miñas linguas maternas.

Traballo como tradutora autónoma para axencias e clientes particulares, abordando desde textos técnico-científicos e médicos, ata literatura infantil e fantasía. Ademais, son investigadora do programa Doutoral en Tradución e Paratradución, centrando a miña tese en como a localización de videoxogos ao galego pode impulsar a normalización lingüística.

Entusiásmame colaborar en proxectos culturais, participar en congresos como o Paratradit UVigo T&P 2024 e seguir formándome en áreas como o copywriting e o testeo de videoxogos. Son unha persoa inquieta, curiosa, e sempre disposta a aprender máis.

Servizos

Ofrezo servizos lingüísticos de alta calidade adaptados ás túas necesidades.

videojuegos

Tradución e localización de videoxogos: Diálogos, interfaces, manuais, subtítulos… todo o que un xogo necesita para conectar coa súa audiencia.

literaria

Tradución literaria: Especializada en tradución editorial. Se a túa historia necesita unha voz auténtica noutro idioma, podo axudarche.

Tradución técnico-científica e médica: Precisión terminolóxica e estilo claro para comunicar con rigor.

ortográfica

Corrección e revisión: Pulido ortotipográfico, gramatical e de estilo en galego, español, inglés e francés.

audiovisual

Subtitulación e tradución audiovisual: Para cinema, curtos e videoxogos narrativos.

videojuegos

Tradución e localización de videoxogos: Diálogos, interfaces, manuais, subtítulos… todo o que un xogo necesita para conectar coa súa audiencia.

literaria

Tradución literaria: Especializada en tradución editorial. Se a túa historia necesita unha voz auténtica noutro idioma, podo axudarche.

Tradución técnico-científica e médica: Precisión terminolóxica e estilo claro para comunicar con rigor.

ortográfica

Corrección e revisión: Pulido ortotipográfico, gramatical e de estilo en galego, español, inglés e francés.

audiovisual

Subtitulación e tradución audiovisual: Para cinema, curtos e videoxogos narrativos.

Proxectos

Dicionario Elemental para a Tradución de Videoxogos

Un glosario terminográfico en galego con equivalencias en español, francés e inglés, creado como ferramenta para facilitar a localización de videoxogos e promover o uso do galego na industria.

Tres Reis Sen Reino (2021)

Tradución ao francés dos subtítulos da curtametraxe de Patxi Isasti. O curto proxectouse en festivais como o MADRIFF, INCORTO e nos Pinewood Studios.

Chrono Crimes (2025)

Xogo narrativo de dedución con viaxes no tempo. Participei na localización desta historia chea de suspense, na que os xogadores resolven crimes antes de que ocorran.

Colección Contos con Valores (2026)

Tradución ao galego de libros infantís como Xirasol, Dragona, Ma Ma Mamut… dispoñibles proximamente en librerías.

Contacto

Se tes algunha dúbida, proposta de colaboración ou simplemente queres poñerte en contacto comigo, estarei encantada de lerte. Podes escribirme directamente a través do seguinte formulario ou enviarme un correo electrónico.

Correo electrónico: vallegarcialena@gmail.com

Nombre (copia)
Responsable: Elena Valle García. Finalidad: Poder atender a su solicitud sobre los productos y prospección comercial Legitimación: Consentimiento del interesado Destinatarios: Otras empresas vinculadas Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos como se explica en la información adicional Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en nuestra Política de Privacidad.