Os meus proxectos
Unha ollada ao que fago, como o fago e por que me apaixona.

Dicionario elemental para a tradución de videoxogos
Nun mundo no que o desenvolvemento, asimilación e globalización da cultura do videoxogo creceu de forma exponencial nas últimas décadas, e que se espera que siga en aumento nos próximos anos; unha tradución efectiva desempeña un papel crucial para garantir que unha audiencia global poida gozar do propio mundo que se forma dentro dos videoxogos.
Este dicionario terminográfico monolingüe en galego con equivalencias en español, francés e inglés recolle o vocabulario especializado para a tradución de videoxogos.
Chrono Crimes
Un xogo de dedución e misterio con viaxes no tempo 🔎⌛ Nun futuro onde o descubrimento das viaxes no tempo puxo ao mundo en perigo, os crimes que alteran a liña temporal ameazan con destruír o universo tal e como o coñecemos. Para evitar o caos, o goberno creou unha forza de detectives temporais que investigan e resolven delitos antes de que ocorran. Como Acher García, un recentemente graduado, e coa axuda da túa mentora, unha detective da vella escola, a túa misión será resolver o teu primeiro caso: un asasinato nun hotel flotante.
En Chrono Crimes, explorarás unha futura escena do crime, revisando coartadas, colleitando probas e enfrontándoche aos desafíos dun caso que desafía o tempo mesmo. Utiliza ferramentas avanzadas e as túas habilidades de dedución para descubrir a verdade e deter ao asasino antes de que logre o seu labor.
Non te perdas esta historia chea de misterio e tensión: engade Chrono Crimes á túa lista de desexos e prepárate para o seu lanzamento en 2025!

Tres reis sen reino
Tradución ao francés dos subtítulos para o curtametraxe Tres Reis Sen Reino (2021) de Patxi Isasti, co propósito de que a película chegase a unha audiencia francófona. O curto foi presentado en festivais internacionais de renome, como o MADRIFF (2021), o INCORTO Film Fest (2022) e o First-Time Filmmaker Sessions en Pinewood Studios (2022).
Sinopse: Unha campesiña nárranos os seus difusos pensamentos, nese fráxil estado entre o soño e a vixilia: «Abrín os ollos e non vexo nada. Unha xanela a medio abrir refresca a miña cara. Goteo rítmico na miña escura habitación. Axéxame un soño. Pouco durmín pero moito vin. Bravuras e grandes fazañas de tres prestixiosos reis que viron, moi ao seu pesar, caer o seu reino na escuridade. Buscan sen descanso un reino sobre o que reinar. Unha ilusión, unha sombra, unha ficción. Os tres reis sen reino».
XIRASOL, DRAGONA, MA MA MAMUT, e moito máis!
Tradución ao galego da Colección de libros para Bebés da editorial Cuentos con Valores. Dispoñible en librarías en 2026!

