Os meus servizos
Tradución xeral | Tradución literaria | Tradución audiovisual | Tradución médica e científico-técnica | Corrección e edición | Copywriting
Tradución xeral
A tradución xeral refírese á adaptación dun texto que non require un alto nivel de especialización técnica ou científica, pero si precisión e comprensión cultural. Estas traducións cobren unha gran variedade de temas e tipos de documentos, desde textos informativos e promocionais ata contido cotián.
Tradución audiovisual
- Dobraxe: Creación de guións que se adaptan ao ritmo e contexto da obra orixinal, facilitando unha dobraxe que soa natural no idioma de destino.
- Subtitulación: Subtítulos claros e adaptados que reflicten fielmente o contido e o ton da obra, respectando as normas e restricións de tempo e espazo propias da subtitulación.
Tradución editorial
Tradución especializada de textos literarios e non literarios, con especial atención ao ton, a estrutura e o propósito comunicativo do orixinal. Este servizo abarca libros, contos, ensaios, artigos, crónicas, prólogos e outros contidos editoriais, garantindo unha versión precisa e estilisticamente coherente que respecta tanto a intención artística como o contexto cultural de cada obra.
Tradución médica e científico-técnica
Tradución de artigos científicos, estudos clínicos, informes médicos e documentos técnicos en áreas especializadas. Tradución enfocada na precisión terminolóxica e na que se pon especial fincapé nos estándares de cada campo, garantindo que o contido sexa rigoroso e claro.
Localización
- Aplicacións: Adaptación lingüística e cultural de aplicacións móbiles e software, para que a experiencia do usuario sexa fluída e natural no idioma de destino.
- Videoxogos: Tradución e adaptación de diálogos, interfaces e narrativas de videoxogos, coidando que o contido sexa comprensible e atractivo para xogadores de diferentes culturas.
- Web: Localización de sitios web, incluíndo contido textual e visual, para que se adapte ás particularidades do mercado e ao público obxectivo en cada rexión.
Revisión e corrección
Revisión exhaustiva que garante que os textos estean libres de erros gramaticais, ortográficos e de estilo, mellorando a súa claridade e fluidez. Ademais, tamén se busca a precisión terminolóxica e a coherencia nos textos traducidos, asegurando que a mensaxe se manteña fiel ao orixinal e cumpra cos estándares lingüísticos e culturais requiridos.
Accesibilidade
- Audiodescripción: Descrición verbal de elementos visuais en vídeos ou espectáculos para persoas con discapacidade visual, brindando unha experiencia completa e enriquecedora.
- Lectura fácil: Redacción de textos nunha linguaxe clara e simplificada, ideal para facilitar a comprensión de persoas con dificultades de lectura.
- Subtitulación para xordos: Creación de subtítulos que inclúen información sobre sons e diálogos, permitindo unha mellor accesibilidade a persoas xordas ou con problemas de audición.
Copywriting
Redacción creativa e persuasiva para atraer á audiencia obxectivo, perfecta para campañas de márketing, contido web e redes sociais. Este servizo inclúe a creación de textos atractivos que conectan co lector e potencian a imaxe da súa marca.
Transcrición
Transcrición precisa e profesional que transforma o teu contido audiovisual en texto claro e estruturado. Ideal para entrevistas, podcasts, conferencias e material educativo. Este servizo garante fidelidade á mensaxe orixinal, facilitando a súa difusión, análise e accesibilidade para todo tipo de audiencias.