Sobre min
Son Elena Valle García, tradutora, lectora empedernida e friki a tempo completo. Desde que teño memoria, os mundos das palabras e dos videoxogos foron os meus compañeiros inseparables, e hoxe teño a sorte de combinar esas dúas paixóns ao dedicarme á tradución, corrección e localización de videoxogos.
Gradueime en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Domino o inglés e o francés, ademais das miñas dúas linguas maternas: o galego e o español. Nesa mesma universidade tamén obtiven o título de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo e realicei o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional.

A miña maior motivación é...
Promover o uso do galego non só na industria do videoxogo, senón tamén en todos os ámbitos culturais, como a literatura e a educación. Por iso, dediquei o meu Traballo de Fin de Mestrado á creación dun Dicionario Terminográfico Elemental para a tradución de videoxogos ao galego, con equivalencias en castelán, inglés e francés. Actualmente, estou cursando o Doutoramento en Tradución e Paratradución, centrando a miña tese en como a tradución de videoxogos ao galego pode ser unha ferramenta para a normalización lingüística. Unha aventura académica que me apaixona!
Son tradutora autónoma e traballo para axencias de tradución e de estudo de mercado. Traballo, na súa maioría, con textos de contido científico-técnico e médico. E tamén traduzo libros! Desde fantasía a literatura infantil, enfrascarme nun libro novo sempre é marabilloso.
Cada proxecto ao que me enfrontei na miña vida foi como un novo nivel nun xogo: emocionante, desafiante e cheo de aprendizaxe.
Son unha persoa polifacética que sempre busca aprender e mellorar.
Isto levoume a colaborar en proxectos como o Congreso Paratradit UVigo T&P 2024, e tamén a complementar a miña formación con varios cursos sobre tradución, copywriting ou mesmo sobre testeo de videoxogos.
Ademais de todo isto, encántame ler e perderme en universos literarios inexplorados. Nestes mundos non só atopo inspiración para os meus proxectos, senón tamén a faísca que acende a miña creatividade.
Así que, se buscas a unha tradutora creativa e comprometida, aquí estou para axudar a que o teu proxecto brille! Coa miña paixón polos idiomas e a miña experiencia, estou lista para levar o teu proxecto ao seguinte nivel.
